Mostrando entradas con la etiqueta Cárabos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cárabos. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de mayo de 2012

jueves, 26 de enero de 2012

Cristina e a araña Pholcus

Aquí tedes a fantástica exposición qu efixo a nosa compañeira Cristina. Anímovos a que deixedes os vosos comentarios para indicar aqueles puntos fortes da súa exposición e algunha cousiña que pensades que podería mellorar.

lunes, 23 de enero de 2012

Elisa explícanos aos córvidos (Ravens gorups)

A nosa compañeira Elisa, fixo un exercicio moi salientable amosando e aportando detalles que nos fan a vida dos córvidos máis próxima. Aínda que non puiden estar alí presente, a visualización do vídeo bastoume para me decatar do esforzo contido no traballo. Parabéns en xeral e folgos para correxir pequenos detalles nun futuro.

lunes, 16 de enero de 2012

Eva e o Peto Real (Black woodpecker)

Aquí temos a presentación da nosa compañeir a Eva. Parabéns por ser a primeira en facelo en inglés.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

viernes, 4 de noviembre de 2011

Pressentacións do Cárabo. Iago e a Avelaiona

Prezad@s alumn@s, hoxe é un día importante xa que celebramos o II día da Ciencia en galego. Ademáis un compañeiro voso, Iago López Ramil fixo a primeira das presentacións dos libros do Cárabo. Estou  moi contento porque para ser a primeira presentación hai que dicir foi un comezo moi salientable posto que Iago expresouse xenial (pero hai que correxir erros que xa comentará Luisa) e manexaba moita información. Tamén é interesante o ben que aproveitou os recursos da aula, empregando unha presentación power point, mágoa que non funcionase o audio que tiña do canto da avelaiona. Aquí deixo a presentación, pero infórmovos que tamén iranse sumando a unha lista de reprodución (na lapela superior de "Presentación alumn@s")