Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de enero de 2015

Tarefas para os rapaces de 1º ESO no día de hoxe

Ola a tod@s moz@s!.
Atendede moi ben a estes vídeo que está xenial. Podédelo ver e logo facer un mapa conceptual coa información do libro que vai da páxina 86 á 89 , tal e como aprendimos en clase.



Para casa:
Actividades da 1 á 5 páxina 85
Actividades 1 á 4 da páxina 89

Unha vez esté feito (pensade que vou poñer notas polo traballo á miña volta, que é este xoves) podedes ver este estupendo documental. Imaxino que non vos dará tempo de ver hoxe, polo que mañá podedes rematar de velo na aula durante a clase de ciencias. (Na casa tamén...)



lunes, 23 de enero de 2012

A atmosfera. Documental

Vídeo documental moi interesante sobre a atmosfera. Nel aprenderemos moitas cousas sobre a primeira capa que forma a Terra e que nos separa do resto do espazo exterior.
Debes de respostar ás preguntan que aquí se formulan e que tamén che deron en papel: http://dl.dropbox.com/u/49796824/1%C2%BA%20ESO.Documentos%20para%20clase/Preguntas%20documental.%20Atmosfera.%20El%20planeta%20vivo.pdf

domingo, 22 de enero de 2012

Yosemite Park en stop motion

O Parque Yosemite é un dos Parques nacionais máis importantes dos EEUU. No vídeo podemos ver unhs fermosísimas imaxes feitas nunha técnica chamada Stop motion. Que consiste en facer un vídeo a apratir de motísimas fotos. Sácanse miles delas e logo pásanse a unha velocidade de entre 16 a 24 fotos por segundo.Normalmente entre que se saca unha foto e a seguinte pasan varios minutos, o que acelera a realidade do que vemos no vídeo.
Yosemite HD from Project Yosemite on Vimeo. A pregunta á que tedes que respostar hoxe é....nas secuencias nocturnas, porque vemos como se moven as estrelas e a Lúa.?? Espero que vos guste.

martes, 17 de enero de 2012

Métodos de separación físicos: o peneirado por Jose Manuel

Ben rapaces!.
Aquí está Jose Manuel,o meu amigo edafólogo ( experto en solos) do cal xa vos falei en clase. Mandoume un vídeo para vos ao cal teredes que respostar cun comentario nesta entrada. A miña pregunta é ....que tamaño teñen as partículas que obtén...resultado do proceso de peneirado?? Os primeiros en respostar teñen premio!



Jose Manuel Mirás é un investigador e biólogo que traballa na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en Leiro, Ourense. Neste vídeo amosa aos rapaces do CPI Conde de Fenosa como se fai un Peneirado.

sábado, 14 de enero de 2012

Vídeo. O falcón peregrino cazando en Roma

Un vídeo abraiante no que podemos ver dende diferentes perspectivas cómo un falcón peregrino (Falco peregrinus)trata de cazar sobre un bando de estorniños (Sturnus sp). Os estorniños para defenderse forman grandes bandadas que cambian de dirección dun xeito coordinado e preciso antes os intentos do falcón por coller un dos individuos. Sairse do grupo podería supor a morte final e converterse na cea do falción.

martes, 1 de noviembre de 2011

Tema 2. Estados da materia e cambios de estado. Animacións e vídeos

Vídeos recomendados para entender o tema:


Se prefires velos dende a lista de reprodución que fixen en youtube:
http://www.youtube.com/playlist?list=PLCF81C5D79330BC7D

As seguintes animacións, que foron sacadas do anice e cuxa autoría é de Mariano Gaite Cuesta axudaranche a entender os apuntamentos:
Gas:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/gas.swf

Líquido:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/liquido.swf

Sólidos:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/solido.swf


Cambios de estado:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/estados.swf

viernes, 11 de marzo de 2011

T.6. Atmosfera. Vídeos

Este vídeo vímolo na clase e  fala da formación do Sistema Solar, a Terra e a Lúa. Coméntanos como foi a formación dos planeta a partir de protoplanetas e como a Terra foi arrefriando ata contar coas capas actuais entre as cales atópase a Atmosfera.



Estes outros vídeos fálanos das capas da atmosfera, da metereoloxía e do clima:


Este é o documental que vimos sobre a atmosdefera da BBC. Atmosfera . Un escudo invisible.


Preguntas para o vídeo da atmosfera:

miércoles, 2 de febrero de 2011

T.5. O Universo. Vídeotitorial de Stellarium

Aquí déixovos un vídeotitorial que fixen esta tarde para explicar o funcionamento do programa Stellarium. Lembrade que en cada un dos minicapítulos debédes de darlle ao play no reprodutor de youtube. Tamén podédelos ver todos xuntos un trsa outro dende a Lista de reprodución que aquí déixovos tamén.

sábado, 15 de enero de 2011

T,4.Estrutura da materia: Átomos. Vídeos

Este tema é moi interesante pois adéntranos no universo do que vai máis aló do microscópico. Aquí veremos unha serie de particulas moi cativas chamadas átomos. Aínda que como ben sabedes, hainas aínda máis cativas, como os quarks ou os s ioctómetros que mídense coas unidades de medida ioctómetro (a cuatrillonésima parte dun metro).
Aquí déixovos os vídeos:

sábado, 20 de noviembre de 2010

1ºB.Exposicións das lecturas sobre os libros "Cárabo": Alfredo

Alfredo fixo unha explicación moi clara, vocalizando, e axudado por unha pequena presentación powerpoint con 4 fotos que axudou moito a que o público poidera comprender de xeito doado a súa charla. Houbo atrancos co idioma, pero seguro que mellora na próxima. Outro aspecto salientable é que podería xesticular máis para enfatizar os puntos máis importantes.  En resumo, a valoración global, salvando o aspecto idiomático é moi boa.

lunes, 15 de noviembre de 2010

1ºA.Presentacións traballos. Álvaro e o Muscardinus avellanarius

Álvaro comezu moi nervioso, pero logo foi a máis. Fáltoulle empregar material multimedia, para engancharnos definitivamente a todos con este pequeno roedor, o Muscardinus avellanarius.
Axudaría moito empregar xestos cas máns e un ton de voz menos dubidativo, pero para ser o 1º do grupo fixoo moi ben. Taméns sería bo que o comezo nos fixera unha introducción do animaliño, deixando satisfeita a curiosidade do persoal con cousas como lonxevidade, tamño, peso...etc
Para poder ver as anotacións que lle fixen ó vídeo teredes que velo dende o portal de youtube, xa que ncrustado no blog non permite despregar as devanditas anotacións. Se facedes dobre click sobre o vídeo de embaixo, xa se vos abre a páxina do vídeo en youtube.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

1ºB.Exposicións das lecturas sobre os libros "Cárabo": Dani & Miguel

En xeral, bastante ben . Felicitar a Daniel, xa que non o tiña preparado, pois aproveitou para expoñer ó faltar Alfredo. Miguel, expresouse moi ben e xesticulou, axudando as explicacións, incluso trouxo a unha tartaruga (case se esquece), pero unhas fotos (para proxectalas co cañón, ou ben impresas en papel, axudarían moito).
Como veredes fixen uns apuntamentos sobre o vídeo, para que vaidades mellorando.