martes, 27 de enero de 2015

Tarefas para os rapaces de 1º ESO no día de hoxe

Ola a tod@s moz@s!.
Atendede moi ben a estes vídeo que está xenial. Podédelo ver e logo facer un mapa conceptual coa información do libro que vai da páxina 86 á 89 , tal e como aprendimos en clase.



Para casa:
Actividades da 1 á 5 páxina 85
Actividades 1 á 4 da páxina 89

Unha vez esté feito (pensade que vou poñer notas polo traballo á miña volta, que é este xoves) podedes ver este estupendo documental. Imaxino que non vos dará tempo de ver hoxe, polo que mañá podedes rematar de velo na aula durante a clase de ciencias. (Na casa tamén...)



lunes, 16 de septiembre de 2013

Benvid@s ao curso 2013/14!!! e ficha do alumno

Ola rapaces! Benvidos ao curso de Ciencias da Natureza.
Durante todo o ano empregaremos o ordenador como unha ferramenta máis na aula.
Imaxinade que axuda supón...e que diferenza coas escolas de hai tan só 30 ou 40 anos!. Observade a imaxe de abaixo e reflexionade sobre se existen moitas ou poucas diferenzas.


Hoxe como primeira toma de contacto cos ordenadores, debedes de completar con tento o formulario relativo aos vosos datos. Podedes acceder a el clicando na lapela superior que pon "datos d@ alumn@".

jueves, 10 de mayo de 2012

miércoles, 25 de abril de 2012

Aves

As aves e a ornitoloxía é un dos principais xeitos de adentrarse na observación de natureza. Non é moi complicado observar aves coa axuda duns prismáticos. Podemos observar centos de especies diferentes con plumaxes diferentes, formas e adapatacións. Todo un tesouro.


Orquídeas de galicia

Desde o mes pasado os campos de Galicia inzáronse de orquídeas maravillosas. Son plantas que coevolucionaron con insectos e denpenden totalmente deles para poder reproducirse.
Aquí vos deixo unha galería de imaxes coas orquídeas que teño podido fotografar.