Alfredo fixo unha explicación moi clara, vocalizando, e axudado por unha pequena presentación powerpoint con 4 fotos que axudou moito a que o público poidera comprender de xeito doado a súa charla. Houbo atrancos co idioma, pero seguro que mellora na próxima. Outro aspecto salientable é que podería xesticular máis para enfatizar os puntos máis importantes. En resumo, a valoración global, salvando o aspecto idiomático é moi boa.
Ola mozos e mozas de 1ºESO de Ares!!
ResponderEliminarSon unha profe de galego, amiga do voso profe Xaco, e quero felicitarvos polas vosas exposicións. Son xeniais, e en galego falades moi ben! Os meus parabéns! E tendo en conta que aínda é novembro, como serán os vídeos en xuño... Que sorte de profe tivestes!!
Fátima