domingo, 11 de diciembre de 2011

viernes, 25 de noviembre de 2011

Jose fai un experimento e comproba que o aceite flota sobre a auga

O noso compañeiro de 1º B fixo un experimento, grabouno e mandoumo por email para que puidésemos velo todos. De xeito moi claro amósanos os materiais , o procedemento e o resultado ( o aceite flota). Fáltanos a conclusión de por qué flota o aceite sobre a auga. Animádevos a respostar a vosa solución deixando un mensaxe na entrada. Tamén podédesvos animar a mandar os vosos propios vídeos sobre cuestións científicas a través do email ou a través dun "pincho" pen drive que logo xa me encargo eu de subilas. Aquí deixo o vídeo:

jueves, 24 de noviembre de 2011

Antón e o Visgo (Viscum album)


Parabéns para Antón. Manexouse moi ben cos diferentes soportes audiovisuais. A presentación dixital era moi concisa; o suficiente para apoiar a súa explicación e ademáis con abondosas imaxes. Aproveitou moi ben o vídeo para explicar aquilo que lle interesaba.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

jueves, 10 de noviembre de 2011

Monument valley

Monument Valley é un parque nacional dos estados unidos. Sitúase no estado de Colorado e tamén forma parte da reserva dos indios navajos.
As formacións rochosas que predominan orixináronse porque durante millóns de anos foron sedimentando diferentes estratos de material sediemntario. Cando as condicións climatolóxicas cambiaron, tivo lugar a erosión da zona polos cursos de auga (ríos e regatos) e o vento, aínda que este último en menos medida. O resultado final son o que se coñecen como mesas ou tablas, que son as zonas que quedaron sen erosionar. Déixovos un fermoso vídeo do lugar con escenas feitas nunha novidosa técnica chamada "Time lapse" que acelera en vídeo os sucesos filmados:

Monument Valley from Philip Bloom on Vimeo.

viernes, 4 de noviembre de 2011

Pressentacións do Cárabo. Iago e a Avelaiona

Prezad@s alumn@s, hoxe é un día importante xa que celebramos o II día da Ciencia en galego. Ademáis un compañeiro voso, Iago López Ramil fixo a primeira das presentacións dos libros do Cárabo. Estou  moi contento porque para ser a primeira presentación hai que dicir foi un comezo moi salientable posto que Iago expresouse xenial (pero hai que correxir erros que xa comentará Luisa) e manexaba moita información. Tamén é interesante o ben que aproveitou os recursos da aula, empregando unha presentación power point, mágoa que non funcionase o audio que tiña do canto da avelaiona. Aquí deixo a presentación, pero infórmovos que tamén iranse sumando a unha lista de reprodución (na lapela superior de "Presentación alumn@s")

Bando de estorniños

Moitas aves boan en bando. Hai varios motivos: viaxando en grupo poden defenderse mellor de depredadores como é neste caso dos estorniños. Outras veces é porque voando en formación aforran enerxía ao voar como pode ser o caso dos cisnes ou os gansos.
Existen en Galicia dúas especies de estorniños, o Sturnus unicoloror e Sturnus vulgaris e ambas voan en bandadas que contan cun gran número de individuos.
Este vídeo penso que vaivos a gustar tanto como a min. Por iso volo comparto:
Murmuration from Sophie Windsor Clive on Vimeo.

martes, 1 de noviembre de 2011

Tema 2. Estados da materia e cambios de estado. Animacións e vídeos

Vídeos recomendados para entender o tema:


Se prefires velos dende a lista de reprodución que fixen en youtube:
http://www.youtube.com/playlist?list=PLCF81C5D79330BC7D

As seguintes animacións, que foron sacadas do anice e cuxa autoría é de Mariano Gaite Cuesta axudaranche a entender os apuntamentos:
Gas:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/gas.swf

Líquido:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/liquido.swf

Sólidos:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/solido.swf


Cambios de estado:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/estados.swf

miércoles, 28 de septiembre de 2011

Benvida ao Curso 2011/12 de Ciencias Naturais

Benvidos a tod@s. No blog poderedes atopar todos os recursos empregados na aula para apoiar as explicacións e tamén facer comentarios aos mesmos e entre vós.
Aquí colgaremos os vídeos, os apuntamentos, exercicios..etc que a bo seguro seranvos de gran axuda.
Facede unha exploración rápida para aventurarvos nas posibilidades do blog e observade os diferenes apartados.

miércoles, 22 de junio de 2011

Cuestionario para calificar ao profesor e a materia.2011/12

martes, 7 de junio de 2011

Mercando Barbie axudas á deforestar os bosques tropicais. Entrevista a Ken

Sacado de : Greenpeace.org

ENTREVISTA A KEN


Barbie tiene la desagradable costumbre de deforestar y de destruir los bosques de Indonesia, incluidos aquellos donde habitan los últimos ejemplares que quedan de tigre de Sumatra, de orangután y de elefante, solo para que ella pueda tener una bonita caja de cartón.

El hábitat del tigre de Sumatra, una especie en peligro de extinción, está bajo la amenaza de la deforestación para la producción de pulpa y de papel.

Mattel, la empresa fabricante de Barbie, tiene un gran defecto: las cajas que envuelven algunos de sus juguetes más famosos se fabrican con cartón procedente del campeón de la deforestación: Asia Pulp & Paper, la empresa papelera más destructiva del mundo.

Selvas tropicales y zonas de turberas –que son grandes reservas de carbono, además de ser el hábitat de especies amenazadas– se están destruyendo para fabricar cajas de juguetes.
El juego y la diversión no pueden construirse a costa del futuro de los bosques. Pide a Mattel que no destruya los bosques para hacer las cajas de sus juguetes.

martes, 15 de marzo de 2011

viernes, 11 de marzo de 2011

T.6. Atmosfera. Vídeos

Este vídeo vímolo na clase e  fala da formación do Sistema Solar, a Terra e a Lúa. Coméntanos como foi a formación dos planeta a partir de protoplanetas e como a Terra foi arrefriando ata contar coas capas actuais entre as cales atópase a Atmosfera.



Estes outros vídeos fálanos das capas da atmosfera, da metereoloxía e do clima:


Este é o documental que vimos sobre a atmosdefera da BBC. Atmosfera . Un escudo invisible.


Preguntas para o vídeo da atmosfera:

viernes, 4 de marzo de 2011

A Terra e a Lúa (2ª PARTE t.5). Vídeos

Aconsello estes vídeos para preparar o tema.

Exercicios. Test Formación da Lúa. Feito con Proprofs

Aquí tedes os exercicios feito co Proprofs. Algunhas preguntas están moi ben (Carlos, algunha incluso nin me lembraba...) aínda que hai que redactalas mellor...
Aínda así, penso que ides a facer moi bos traballos con este programa.
Aquí tedes as preguntas de:
Carlos: http://www.proprofs.com/quiz-school/story.php?title=formacion-de-la-luna
Antía:http://www.proprofs.com/quiz-school/story.php?title=l_5458

jueves, 17 de febrero de 2011

Webquest. Rotación e translación da Terra. O día e a noite. As estacións

1.Observa a animación do seguinte enlace e responde:
http://www.ilovemedia.es/las-fases-de-la-luna/

Se estamos no hemisferio norte:
o sol ponse polo...?
o sol sae polo...?
Se o leste sitúase á nosa man esquerda e estamos vendo de fronte ao sol, o norte quédanos...?

Se estamos no hemisferio sur:
o sol ponse polo...?
o sol sae polo...?
Se o leste sitúase á nosa man esquerda, o norte queda...?
Se o leste sitúase á nosa man dereita e estamos vendo de fronte ao sol, o norte quédanos...?

Observa detidamente a animación da  lúa
Concorda un ciclo luar cos días dun mes oficial?
Cantos días ten un ciclo luar?
Cales son as fases da lúa?
Por que vemos completa a lúa chea no plenilunio ou lúa chea?
Por que a noite é escura e non vemos a lúa na lúa nova?

2. Observa o seguinte vídeo (tamén pódete axudar moito a animación):Por que sempre vemos a mesma cara da lúa?
http://www.youtube.com/watch?v=KIVdXqT5Kfc
http://astro.unl.edu/classaction/animations/lunarcycles/lunarapplet.html


3. Eclipses: Observa e xoga coa seguinte animación:
http://astro.unl.edu/classaction/animations/lunarcycles/shadowsim.swf

Arrastra e pon en liña a Terra e a Lúa ate decidir o que pensas que é un eclipse luar. Debúxao no caderno
Aggora téntao para acadar un eclipse solar. Debúxao no caderno.

4. As estacións. Abre o link e fai o exercicio:
http://www.aulaweb.net/moodle/file.php/6/HotPot/HotPotatoes.Terra_Lua/Estaci%A2ns.htm

5. Rotación da Terra.Abre o link e fai o exercicio:
http://www.aulaweb.net/moodle/file.php/6/HotPot/HotPotatoes.Terra_Lua/Rotaci%A2n_terrestre.htm

6. Traslación da Terra.Abre o link e fai o exercicio:
http://www.aulaweb.net/moodle/file.php/6/HotPot/HotPotatoes.Terra_Lua/Traslaci%A2n.htm

7. Mareas. Observa e interactúa cos seguintes e trata de responder as seguintes preguntas:
http://www.mrphome.net/mrp/tidesim.swf 
http://www.planet-schule.de/warum/gezeiten/flash/hypertide.html
En que momentos pensas que se producen as mareas maiores ou mareas vivas?
En que momento pensas que se producen as mareas máis cativas ou mareas mortas?

martes, 15 de febrero de 2011

Como atraer aves ao noso xardín

Xa chega en breve a primavera e os paxaros xa andan a buscar parella. Podémolo sentir polos seus cantos.
Eu na miña finca disfruto da compaña das aves todo o ano. Como??, moi doado!. Basta con dispoñer unhas caixas niño a unha altura de 2-4 metros e sobre todo...poñer comida!:
cacauetes, pipas sen salar, alpiste, manteca de cerdo sen salgar...etc. E o banquete está servido para atraer diferentes especies dos nosos emplumados amigos. Aquí déixovos como facelo e o resultado que obteño no meu xardín:

Resultado:
Carbonero:


Xirín:

Verderolo:

paporroibo:

T.5. O Universo. Actividades. Visu

Recoñece estas imáxenes:

jueves, 10 de febrero de 2011

Webquest. Actividades T5. Sistema Solar

REALIZA ESTAS ACTIVIDADES
1.Entra no seguinte link e contesta.
a)    Que planeta está máis próximo ao sol?
b)    Que planeta está máis afastado do sol?
c)    Cal é o planeta de maior tamaño?
d)    Cal é o planeta máis pequeno?
Que planeta ten grandes aneis ao seu arredor?


2. Entra nos seguintes link e contesta (xoga cos comandos + e – para achegarte e alonxarte):

a)    Cal é o planeta que completa antes unha volta na súa órbita arredor do Sol?
b)    Cal é o planeta que tarda menos en dar unha volta completa na súaa órbita arredor do Sol?
c)    Que é o que vemos entre Marte e Xúpiter?
d)    Cal é o planeta con maior número de satélites?
e)    Cal é o planeta que alcanza maior Tª?
f)    Que planetas presentan atmosfera?
g)    Cal é o planeta que tarda practicamente o mesmo tempo en dar unha volta ao sol (translación na órbita) que dar unha volta sobre sí mesmo (rotación)?
h)    Cal é o planeta que ten o día máis longo?


3. Agora entra aquí: (poder darlle a pausa e acelerar a animación)

Cantos anos teñen que pasar (voltas completas na órbita) no planeta que orbita máis rápido ata que dá unha volta completa o planeta que máis tarda?

4. Observa o seguinte enlace que pensas que está acontecendo?

5.Observa o seguinte enlace:
Busca información na rede e trata de saber cantas veces máis grande é Xúpiter e Saturno ca Terra

miércoles, 2 de febrero de 2011

T.5. O Universo. Vídeotitorial de Stellarium

Aquí déixovos un vídeotitorial que fixen esta tarde para explicar o funcionamento do programa Stellarium. Lembrade que en cada un dos minicapítulos debédes de darlle ao play no reprodutor de youtube. Tamén podédelos ver todos xuntos un trsa outro dende a Lista de reprodución que aquí déixovos tamén.

T.5. O Universo. Enlaces ao software recomendado

Aquí tesde os dous programas gratuítos sobre astronomía máis demandados á este lado do Río Miño:
Celestia e Stellarium.

Celestia
Celestia é un paquete de software que nos permite navegar polo universo como en google earth para que vos fagades unha idea, só que no canto de viaxar pola terra, afrémolo polo espazo.
O link de descarga:
http://celestia.softonic.com/


Stellarium
Stellarium é a aplicación ideal para todos os amantes da astronomía e alumn@s que queiran afondar no tema 5 do Universo, na que non é necesario que posúan un potente telescopio nin teñan a man un planetario. Consiste un sistema de visualización de estrelas, constelacións, planetas e demais que farán do teu PC unha auténtica xanela ao universo. O programa xera realistas paisaxes tridimensionais
Link de descarga:
http://stellarium.softonic.com/

lunes, 24 de enero de 2011

Especies ríos galegos

Esta é unha boa páxina na que atoparede moitas fotos de diversos grupos animais e vexetais, así como o seu nome científico e galego. Fala soamente de especies das ribeiras dos riós galegos.Espero que vos sexa de axuda:
http://www.rios-galegos.com/vidario0.htm

Termnimoloxía galega de bioloxía fundamental

BIOLOXÍA FUNDAMENTAL

Sacado do  Servicio de Normalización Lingüistica de Santiago de Compostela:


A

Acariótico Acariote
Aerobiosis Aerobiose
Agotamento Esgotamento
Alquitrán Alcatrán
Anillo Anel
Aparato Aparello
Apareamiento Emparellamento
Atolón Atol
Azufre Xofre

B

Bioestadística Bioestatística
Blastodermo Blastoderme
Burbuja Burbulla

C

Cadena Cadea
Calavera Caveira
CarcinogénesisCarcinoxénese
Cariocinésis Carioquinese
Cartílago Cartilaxe (fem.)
Cerveza Cervexa
Clon Clono
Cloroformo Cloroformio
Cráneo Cranio
Cuartana Cuartá

D

Desarrollo Desenvolvemento
Diada Díade
Donante, donador Doador

E

Ebullición Ebulición
Embudo Embude, funil
Enzima (fem.e masc.) Encima (masc)
Epistasis Epistase

F

Fagocitosis Fagocitose


G

Gen Xene
Germen Xerme
Glúcidos Glícidos
Glucosa Glicosa
Grasa Gordura, graxa
Gravedad Gravidade

I

Inyección Inxección

J

Jalea Xelea
Jarabe Xarope
Jeringa Xiringa
Jugo Zume

K

Kilo- Quilo-

L

Lazo en horquilla Lazo en forquita
Linaje Liñaxe
Linaza Liñaza
Línea embrionaria Liña embrionaria
Liquen Lique

M

Manteca Manteiga
Medicina Medicina
Metacinesis Metaquinese
Mezcla Mestura
Moho Mofo
Mucilago Mucilaxe (fem.)

O

Orden Orde (fem.)
Origen Orixe (fem.)

P

Palatocuadrado Palatocadrado
Paradoja Parodoxo (masc., [ks])
Plaga Praga
Plancton Plancto
Polvo Po
Portaagujas Portaagullas

Q

Quiste Ciste

R

Reflejar Reflectir
Rojo Vermello, encarnado
Ruido Ruído

S

Semen Seme
Semilla Semente
Sudor Suor (fem.)
Surco Sulco
Supergén Superxene
Sujeto Suxeito

T

Tasa Taxa (ks)
Tijera Tesoira
Tifoideo Tifoide
Tifus Tifo

U

Ultrasonidos Ultrasóns