viernes, 25 de noviembre de 2011

Jose fai un experimento e comproba que o aceite flota sobre a auga

O noso compañeiro de 1º B fixo un experimento, grabouno e mandoumo por email para que puidésemos velo todos. De xeito moi claro amósanos os materiais , o procedemento e o resultado ( o aceite flota). Fáltanos a conclusión de por qué flota o aceite sobre a auga. Animádevos a respostar a vosa solución deixando un mensaxe na entrada. Tamén podédesvos animar a mandar os vosos propios vídeos sobre cuestións científicas a través do email ou a través dun "pincho" pen drive que logo xa me encargo eu de subilas. Aquí deixo o vídeo:

jueves, 24 de noviembre de 2011

Antón e o Visgo (Viscum album)


Parabéns para Antón. Manexouse moi ben cos diferentes soportes audiovisuais. A presentación dixital era moi concisa; o suficiente para apoiar a súa explicación e ademáis con abondosas imaxes. Aproveitou moi ben o vídeo para explicar aquilo que lle interesaba.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

jueves, 10 de noviembre de 2011

Monument valley

Monument Valley é un parque nacional dos estados unidos. Sitúase no estado de Colorado e tamén forma parte da reserva dos indios navajos.
As formacións rochosas que predominan orixináronse porque durante millóns de anos foron sedimentando diferentes estratos de material sediemntario. Cando as condicións climatolóxicas cambiaron, tivo lugar a erosión da zona polos cursos de auga (ríos e regatos) e o vento, aínda que este último en menos medida. O resultado final son o que se coñecen como mesas ou tablas, que son as zonas que quedaron sen erosionar. Déixovos un fermoso vídeo do lugar con escenas feitas nunha novidosa técnica chamada "Time lapse" que acelera en vídeo os sucesos filmados:

Monument Valley from Philip Bloom on Vimeo.

viernes, 4 de noviembre de 2011

Pressentacións do Cárabo. Iago e a Avelaiona

Prezad@s alumn@s, hoxe é un día importante xa que celebramos o II día da Ciencia en galego. Ademáis un compañeiro voso, Iago López Ramil fixo a primeira das presentacións dos libros do Cárabo. Estou  moi contento porque para ser a primeira presentación hai que dicir foi un comezo moi salientable posto que Iago expresouse xenial (pero hai que correxir erros que xa comentará Luisa) e manexaba moita información. Tamén é interesante o ben que aproveitou os recursos da aula, empregando unha presentación power point, mágoa que non funcionase o audio que tiña do canto da avelaiona. Aquí deixo a presentación, pero infórmovos que tamén iranse sumando a unha lista de reprodución (na lapela superior de "Presentación alumn@s")

Bando de estorniños

Moitas aves boan en bando. Hai varios motivos: viaxando en grupo poden defenderse mellor de depredadores como é neste caso dos estorniños. Outras veces é porque voando en formación aforran enerxía ao voar como pode ser o caso dos cisnes ou os gansos.
Existen en Galicia dúas especies de estorniños, o Sturnus unicoloror e Sturnus vulgaris e ambas voan en bandadas que contan cun gran número de individuos.
Este vídeo penso que vaivos a gustar tanto como a min. Por iso volo comparto:
Murmuration from Sophie Windsor Clive on Vimeo.

martes, 1 de noviembre de 2011

Tema 2. Estados da materia e cambios de estado. Animacións e vídeos

Vídeos recomendados para entender o tema:


Se prefires velos dende a lista de reprodución que fixen en youtube:
http://www.youtube.com/playlist?list=PLCF81C5D79330BC7D

As seguintes animacións, que foron sacadas do anice e cuxa autoría é de Mariano Gaite Cuesta axudaranche a entender os apuntamentos:
Gas:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/gas.swf

Líquido:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/liquido.swf

Sólidos:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/solido.swf


Cambios de estado:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/estados/estados.swf