jueves, 17 de febrero de 2011

Webquest. Rotación e translación da Terra. O día e a noite. As estacións

1.Observa a animación do seguinte enlace e responde:
http://www.ilovemedia.es/las-fases-de-la-luna/

Se estamos no hemisferio norte:
o sol ponse polo...?
o sol sae polo...?
Se o leste sitúase á nosa man esquerda e estamos vendo de fronte ao sol, o norte quédanos...?

Se estamos no hemisferio sur:
o sol ponse polo...?
o sol sae polo...?
Se o leste sitúase á nosa man esquerda, o norte queda...?
Se o leste sitúase á nosa man dereita e estamos vendo de fronte ao sol, o norte quédanos...?

Observa detidamente a animación da  lúa
Concorda un ciclo luar cos días dun mes oficial?
Cantos días ten un ciclo luar?
Cales son as fases da lúa?
Por que vemos completa a lúa chea no plenilunio ou lúa chea?
Por que a noite é escura e non vemos a lúa na lúa nova?

2. Observa o seguinte vídeo (tamén pódete axudar moito a animación):Por que sempre vemos a mesma cara da lúa?
http://www.youtube.com/watch?v=KIVdXqT5Kfc
http://astro.unl.edu/classaction/animations/lunarcycles/lunarapplet.html


3. Eclipses: Observa e xoga coa seguinte animación:
http://astro.unl.edu/classaction/animations/lunarcycles/shadowsim.swf

Arrastra e pon en liña a Terra e a Lúa ate decidir o que pensas que é un eclipse luar. Debúxao no caderno
Aggora téntao para acadar un eclipse solar. Debúxao no caderno.

4. As estacións. Abre o link e fai o exercicio:
http://www.aulaweb.net/moodle/file.php/6/HotPot/HotPotatoes.Terra_Lua/Estaci%A2ns.htm

5. Rotación da Terra.Abre o link e fai o exercicio:
http://www.aulaweb.net/moodle/file.php/6/HotPot/HotPotatoes.Terra_Lua/Rotaci%A2n_terrestre.htm

6. Traslación da Terra.Abre o link e fai o exercicio:
http://www.aulaweb.net/moodle/file.php/6/HotPot/HotPotatoes.Terra_Lua/Traslaci%A2n.htm

7. Mareas. Observa e interactúa cos seguintes e trata de responder as seguintes preguntas:
http://www.mrphome.net/mrp/tidesim.swf 
http://www.planet-schule.de/warum/gezeiten/flash/hypertide.html
En que momentos pensas que se producen as mareas maiores ou mareas vivas?
En que momento pensas que se producen as mareas máis cativas ou mareas mortas?

martes, 15 de febrero de 2011

Como atraer aves ao noso xardín

Xa chega en breve a primavera e os paxaros xa andan a buscar parella. Podémolo sentir polos seus cantos.
Eu na miña finca disfruto da compaña das aves todo o ano. Como??, moi doado!. Basta con dispoñer unhas caixas niño a unha altura de 2-4 metros e sobre todo...poñer comida!:
cacauetes, pipas sen salar, alpiste, manteca de cerdo sen salgar...etc. E o banquete está servido para atraer diferentes especies dos nosos emplumados amigos. Aquí déixovos como facelo e o resultado que obteño no meu xardín:

Resultado:
Carbonero:


Xirín:

Verderolo:

paporroibo:

T.5. O Universo. Actividades. Visu

Recoñece estas imáxenes:

jueves, 10 de febrero de 2011

Webquest. Actividades T5. Sistema Solar

REALIZA ESTAS ACTIVIDADES
1.Entra no seguinte link e contesta.
a)    Que planeta está máis próximo ao sol?
b)    Que planeta está máis afastado do sol?
c)    Cal é o planeta de maior tamaño?
d)    Cal é o planeta máis pequeno?
Que planeta ten grandes aneis ao seu arredor?


2. Entra nos seguintes link e contesta (xoga cos comandos + e – para achegarte e alonxarte):

a)    Cal é o planeta que completa antes unha volta na súa órbita arredor do Sol?
b)    Cal é o planeta que tarda menos en dar unha volta completa na súaa órbita arredor do Sol?
c)    Que é o que vemos entre Marte e Xúpiter?
d)    Cal é o planeta con maior número de satélites?
e)    Cal é o planeta que alcanza maior Tª?
f)    Que planetas presentan atmosfera?
g)    Cal é o planeta que tarda practicamente o mesmo tempo en dar unha volta ao sol (translación na órbita) que dar unha volta sobre sí mesmo (rotación)?
h)    Cal é o planeta que ten o día máis longo?


3. Agora entra aquí: (poder darlle a pausa e acelerar a animación)

Cantos anos teñen que pasar (voltas completas na órbita) no planeta que orbita máis rápido ata que dá unha volta completa o planeta que máis tarda?

4. Observa o seguinte enlace que pensas que está acontecendo?

5.Observa o seguinte enlace:
Busca información na rede e trata de saber cantas veces máis grande é Xúpiter e Saturno ca Terra

miércoles, 2 de febrero de 2011

T.5. O Universo. Vídeotitorial de Stellarium

Aquí déixovos un vídeotitorial que fixen esta tarde para explicar o funcionamento do programa Stellarium. Lembrade que en cada un dos minicapítulos debédes de darlle ao play no reprodutor de youtube. Tamén podédelos ver todos xuntos un trsa outro dende a Lista de reprodución que aquí déixovos tamén.

T.5. O Universo. Enlaces ao software recomendado

Aquí tesde os dous programas gratuítos sobre astronomía máis demandados á este lado do Río Miño:
Celestia e Stellarium.

Celestia
Celestia é un paquete de software que nos permite navegar polo universo como en google earth para que vos fagades unha idea, só que no canto de viaxar pola terra, afrémolo polo espazo.
O link de descarga:
http://celestia.softonic.com/


Stellarium
Stellarium é a aplicación ideal para todos os amantes da astronomía e alumn@s que queiran afondar no tema 5 do Universo, na que non é necesario que posúan un potente telescopio nin teñan a man un planetario. Consiste un sistema de visualización de estrelas, constelacións, planetas e demais que farán do teu PC unha auténtica xanela ao universo. O programa xera realistas paisaxes tridimensionais
Link de descarga:
http://stellarium.softonic.com/