jueves, 26 de enero de 2012

Cristina e a araña Pholcus

Aquí tedes a fantástica exposición qu efixo a nosa compañeira Cristina. Anímovos a que deixedes os vosos comentarios para indicar aqueles puntos fortes da súa exposición e algunha cousiña que pensades que podería mellorar.

miércoles, 25 de enero de 2012

Tema 5. A atmosfera. Documental

Vídeo documental moi interesante sobre a atmosfera. Nel aprenderemos moitas cousas sobre a primeira capa que forma a Terra e que nos separa do resto do espazo exterior.
Debes de respostar ás preguntan que aquí se formulan e que tamén che deron en papel: http://dl.dropbox.com/u/49796824/1%C2%BA%20ESO.Documentos%20para%20clase/Preguntas%20documental.%20Atmosfera.%20El%20planeta%20vivo.pdf
Para descargar o documental: http://dl.dropbox.com/u/49796824/Documentais/LA%20ATMOSFERA.avi

Tema 4 B. A Terra e a Lúa. Presentación e Apuntamentos

Alumnas galegas no espacio

Laura Calvo, becaria del programa High School para el próximo curso escolar y María Vilas, son dos estudiantes del CPI dos Dices en Rois que han quedado finalistas en el concurso YouTube Space Lab en la categoría de catorce a dieciséis años, con el experimento Surfactant in microcravity (Surfactante en microgravedad). Desde aquí, queremos apoialas no concurso!! Participar é doado. Só tes que pinchar en este link ao Canal de Space Lab , ver o vídeo e votar. ¡¡Faino xa!!

lunes, 23 de enero de 2012

Elisa explícanos aos córvidos (Ravens gorups)

A nosa compañeira Elisa, fixo un exercicio moi salientable amosando e aportando detalles que nos fan a vida dos córvidos máis próxima. Aínda que non puiden estar alí presente, a visualización do vídeo bastoume para me decatar do esforzo contido no traballo. Parabéns en xeral e folgos para correxir pequenos detalles nun futuro.

A atmosfera. Documental

Vídeo documental moi interesante sobre a atmosfera. Nel aprenderemos moitas cousas sobre a primeira capa que forma a Terra e que nos separa do resto do espazo exterior.
Debes de respostar ás preguntan que aquí se formulan e que tamén che deron en papel: http://dl.dropbox.com/u/49796824/1%C2%BA%20ESO.Documentos%20para%20clase/Preguntas%20documental.%20Atmosfera.%20El%20planeta%20vivo.pdf

domingo, 22 de enero de 2012

Yosemite Park en stop motion

O Parque Yosemite é un dos Parques nacionais máis importantes dos EEUU. No vídeo podemos ver unhs fermosísimas imaxes feitas nunha técnica chamada Stop motion. Que consiste en facer un vídeo a apratir de motísimas fotos. Sácanse miles delas e logo pásanse a unha velocidade de entre 16 a 24 fotos por segundo.Normalmente entre que se saca unha foto e a seguinte pasan varios minutos, o que acelera a realidade do que vemos no vídeo.
Yosemite HD from Project Yosemite on Vimeo. A pregunta á que tedes que respostar hoxe é....nas secuencias nocturnas, porque vemos como se moven as estrelas e a Lúa.?? Espero que vos guste.

martes, 17 de enero de 2012

Métodos de separación físicos: o peneirado por Jose Manuel

Ben rapaces!.
Aquí está Jose Manuel,o meu amigo edafólogo ( experto en solos) do cal xa vos falei en clase. Mandoume un vídeo para vos ao cal teredes que respostar cun comentario nesta entrada. A miña pregunta é ....que tamaño teñen as partículas que obtén...resultado do proceso de peneirado?? Os primeiros en respostar teñen premio!



Jose Manuel Mirás é un investigador e biólogo que traballa na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en Leiro, Ourense. Neste vídeo amosa aos rapaces do CPI Conde de Fenosa como se fai un Peneirado.

sábado, 14 de enero de 2012

Vídeo. O falcón peregrino cazando en Roma

Un vídeo abraiante no que podemos ver dende diferentes perspectivas cómo un falcón peregrino (Falco peregrinus)trata de cazar sobre un bando de estorniños (Sturnus sp). Os estorniños para defenderse forman grandes bandadas que cambian de dirección dun xeito coordinado e preciso antes os intentos do falcón por coller un dos individuos. Sairse do grupo podería supor a morte final e converterse na cea do falción.

jueves, 12 de enero de 2012

Webquest. Sistema solar

REALIZA ESTAS ACTIVIDADES
1.Entra no seguinte link e contesta.
a)    Que planeta está máis próximo ao sol?
b)    Que planeta está máis afastado do sol?
c)    Cal é o planeta de maior tamaño?
d)    Cal é o planeta máis pequeno?
Que planeta ten grandes aneis ao seu arredor?


2. Entra nos seguintes link e contesta (xoga cos comandos + e – para achegarte e alonxarte):

a)    Cal é o planeta que completa antes unha volta na súa órbita arredor do Sol?
b)    Cal é o planeta que tarda menos en dar unha volta completa na súaa órbita arredor do Sol?
c)    Que é o que vemos entre Marte e Xúpiter?
d)    Cal é o planeta con maior número de satélites?
e)    Cal é o planeta que alcanza maior Tª?
f)    Que planetas presentan atmosfera?
g)    Cal é o planeta que tarda practicamente o mesmo tempo en dar unha volta ao sol (translación na órbita) que dar unha volta sobre sí mesmo (rotación)?
h)    Cal é o planeta que ten o día máis longo?


3. Agora entra aquí: (poder darlle a pausa e acelerar a animación)

Cantos anos teñen que pasar (voltas completas na órbita) no planeta que orbita máis rápido ata que dá unha volta completa o planeta que máis tarda?

4. Observa o seguinte enlace que pensas que está acontecendo?

5.Observa o seguinte enlace:
Busca información na rede e trata de saber cantas veces máis grande é Xúpiter e Saturno ca Terra